O Festival TerraCeo regresa ao Mar de Vigo a partir do 1 de maio

Vigo. 25 de marzo de 2020. TerraCeo naceu como un festival de verán no ano do confinamento: 2020. E vai consolidarse, este ano e os próximos, como o evento musical da primavera de Vigo e de Galicia. Os concertos na terraza do Auditorio Mar de Vigo, ao aire libre, nun ambiente espazoso e sen masificacións, e con vistas ás Cíes, regresan a Vigo a partir do día 1 de maio. Volven os atardeceres, e as sesións vermú, de TerraCeo.

A falta de pechar o cartel definitivo, o Festival TerraCeo traerá á primavera de Vigo este ano máis de 30 concertos con voces e sonoridades de Galicia, España, e o resto do mundo. O formato será moi similar ao que logrou congregar en 2020 máis de 14.000 persoas entre os meses de xullo de setembro: voces consolidadas, posta de sol tras as Cíes gozando da música e o ambiente, e servizo de barra. Contará, tamén este ano, cun despregamento, organizado, rigoroso e cómodo para o público, de medidas anti- Covid. A seguridade percibida polo público nos concertos do Festival TerraCeo en 2020 estivo entre o máis valorado do evento por parte dos asistentes.

Único en España

Durante o verán de 2020, a palabra festival escribiuse en España con V de Vigo. TerraCeo foi o evento musical que máis artistas congregou en España. A iniciativa xurdira como un proxecto do Mar de Vigo para poder achegar música en directo á cidade nun momento cargado de restricións por motivos sanitarios.

As limitacións sanitarias mandaban. Parecían condenar á poboación de Vigo, e de Galicia, a un verán sen música en vivo. Cando o equipo do Auditorio Mar de Vigo comezou a entrar en contacto coas oficinas dos artistas en maio de 2020, moitos nin sequera prevían comparecer en concertos nos meses seguintes. Finalmente, e cun cartel no que participaron 12 artistas locais, entre eles varias bandas e solistas emerxentes, o aforo media do concertos foi de preto do 95%. Non se rexistrou contaxio ou problema de seguridade sanitaria algún.

La primera edición del Festival TerraCeo generó entre 20 y 25 puestos de trabajo en Vigo durante todo el verano y más de 200 pernoctas en hoteles. Y sirvió también para proyectar una ciudad viva, con música al anochecer frente a algunas de las mejores playas del mundo: en los conciertos se acreditaron más de 220 periodistas y hubo conexiones en directo con los principales informativos de televisión de España. Las publicaciones del Mar de Vigo en redes sociales superaron durante los conciertos llegaron a más de 2 millones de personas y generaron cerca de 80.000 interacciones.

Sesión vermú e melloras na web e a taquilla

Os nome dos artistas que participarán no Festival TerraCeo 2021 serán dados a coñecer nos próximos días. A programación incluirá voces e bandas diversas e dirixidas a diferentes públicos. Músicas para todas e todos. Xa sucedeu o ano pasado, no que participaron tanto artistas seguidos polos máis novos como voces consolidadas desde hai décadas que arrastran audiencias de maior idade.

Volverán facerse sesións vermú tras a boa acollida que tivo a realizada a modo de proba coa banda Miss Caffeína.

Tamén haberá melloras na xestión electrónica das entradas. O Auditorio participou con profesionais da cidade no desenvolvemento dun novo despacho de billetes electrónico deseñada para responder de modo eficiente á demanda de entradas, nalgúns momentos simultánea e multitudinaria, para os principais concertos do Festival. Na primeira edición de TerraCeo, as entradas para algunhas das veladas esgotáronse en menos de 5 minutos.

A partir da segunda semana de abril, sairán á venda os abonos e entradas para os concertos da nova edición do Festival TerraCeo. Poderán comprarse accedendo directamente ao novo despacho de billetes ou accedendo desde a nova web do Auditorio, que entrará en funcionamento nos próximos días.

GL