Nova data para Sidonie, que fixo « sold out» en 5 días

Vigo. 22 de abril de 2021. O público de Vigo quere Festival TerraCeo. O concerto de Sidonie programado polo Auditorio Mar de Vigo para o próximo 3 de xullo na súa terraza colgou o cartel de “non hai entradas” en tan só 5 días. Para poder responder á alta expectación xerada en Vigo pola participación de Sidonie en TerraCeo, o Mar de Vigo logrou concertar unha segunda data co grupo. Repetirán concerto á tardiña, ao aire libre, con posta de sol sobre a Ría, o domingo 4 de xullo ás 20.30 horas. As entradas para esta nova data estarán á venda a partir deste xoves, día 22, en www.teuticket.com.

GL