ELIADES OCHOA
Avalado por 4 Grammy Latinos e cunha nominación aos Grammy, o cubano Eliades Ochoa é un dos soneros máis importantes de todos os tempos. Está considerado o mellor guitarrista da súa xeración, ademáis der ser un afervoado defensor da música tradicional do seu país. A súa imaxe, co seu icónico sombreiro de vaqueiro e o seu gusto por vestir de negro, lévano a que sexa coñecido como o Johny Cash de Cuba.
Aínda que xa tiña unha carreira consolidada, desde a publicación do histórico álbum Buena Vista Social Club, en 1997, producido por Ry Cooder, a súa vida cambiaría para sempre do mesmo xeito que faría cambiar a historia musical de Cuba.
A súa interpretación de temas como “Chan Chan”, “El cuarto de Tula” o “El Carretero”, disparou o seu éxito internacional e as súas xiras por todo o mundo mentres foi reclamado para colaborar con artistas de prestixio como Bumbury, Aute, Jarabe de Palo, Pablo Milanés ou C. Tangana. En 2023, a estrela cubana lanzou novo álbum, Guajiro, o noveno da súa carreira, no que participaron artistas como Rubén Blades, Joan as a Police Woman ou o bluesman Charlie Mussewhite.