
TOQUINHO E CAMILLA FAUSTINO
“Unha noite de celebración única cunha lenda viva da música brasileira, Toquinho, que conmemora seis décadas de traxectoria musical. Coñecido polas súas emblemáticas colaboracións con Vinicius de Moraes, con quen creou máis de 120 cancións e deixou unha fonda pegada no repertorio popular internacional, Toquinho segue encantando a novas xeracións cun repertorio que inclúe clásicos como Aquarela e novas alianzas con artístas como Silvia Pérez Cruz ou C. Tangana. Nesta xira acompáñao a brillante voz de Camilla Faustino, nun concerto que combina virtuosismo, historia e emoción.
Este concerto conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.”