Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre – Presentación novo disco “AXÚDAME A SENTIR”

En febreiro de 2024, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre publican o seu novo disco, Axúdame a sentir, o que será o cuarto da súa carreira en conxunto. Con este albúm, e tras case 10 anos de traxectoria e máis de 350 concertos, continúan traballando na recuperación e dignificación da música tradicional transmitida polas mulleres das aldeas do país.

“Axúdame a sentir” dicíame Obdulia con frecuencia, a miña avoa materna. Foi unha de tantas catedráticas sen título nesa célebre universidade da vida. Nada hai máis necesario que sentir e tampouco hai momento máis acaído para perseguir ese verbo que os tempos nos que vivimos: as humanidades esvaécense ao tempo que medra o binomio virtual-máquina. As artes, en xeral, atenderon historicamente a nosa necesidade de sentir. Ese lugar sen algoritmos é unha casa que debemos visitar tantas veces como nos sexa posible. Celebrar a non virtualidade, abrazarnos, escoitar, beber, bailar, sentir, escribir, debuxar, cantar, soñar…

A nosa casa é un torreiro e tamén a platea dun teatro ou as mesas dunha baiuca. O que acontece nun concerto é algo único e irrepetible: extínguese ao pechar o pano, mais á súa vez, é unha chama que prende e segue quentando o noso peito durante moito tempo. Ás veces acompáñanos toda unha vida.

Xabier Díaz

Aquí o primeiro sinxelo, «Rumbioa viva.

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Fecha

Mar 09 2024

Hora

9:00 pm

Más Información

COMPRAR

Localización

Auditorio Mar de Vigo
Auditorio Mar de Vigo
Categoría
COMPRAR

Próximo Evento

Código QR
ESP