Dorian, Jorge Dréxler, Corizonas e Eladio e os Seres Queridos súmanse ao cartel do Festival TerraCeo

Vigo. 27 de abril de 2021. A boa resposta do público fai ao Festival TerraCeo segue a crecer. Mentres artistas como Andrés Suárez, Carlos Sadness ou a banda viguesa The Soul Jacket colgan o cartel de “últimas entradas”, o Mar de Vigo xestiona novas incorporacións. Ao programa de TerraCeo súmanse Eladio e os Seres Queridos -5 de xuño, en sesión vermú-, Corizonas -10 de xullo-, Jorge Dréxler -11 de agosto- y Dorian -13 de agosto-.

Ademais, están confirmadas aínda sen data a participación de As Tanxugueiras, un dos grupos galegos máis exitosos dos últimos anos, e da banda viguesa Batea, que presentará o seu novo traballo sobre a terraza do Auditorio. Xa son 3 as presentacións de discos de grupos vigueses incluídas no programa da segunda edición de TerraCeo: a de Batea vén sumarse á de Os Resentidos e The Soul Jacket. As tamén galegas Bala tamén chegarán ao Festival para presentar o seu novo traballo.

 

 

Un cartel que crece 

Transcorridos 20 días desde o seu lanzamento, o programa do Festival suma xa 41 concertos, tres máis dos programados na súa primeira edición, en 2020. E inclúe diferentes propostas e opcións para que todos os públicos poidan gozar musicais ao aire libre na terraza do Auditorio Mar de Vigo sobre a Ría. O programa segue aberto e haberá novos anuncios.

O Auditorio Mar de Vigo dirixe tamén os seus esforzos á mellora da súa atención ao público. Tras participar na creación dun novo despacho de billetes en liña que puidese responder as necesidades do Festival e facilitar o proceso de compra de localidades, traballa na creación de puntos físicos de comercialización de entradas. As persoas que prefiren comprar fisicamente os tickets xa poden facelo na sede de Faro de Vigo en Policarpo Sanz 22.

GL