DAVID REES
Tras gañar gran popularidade compartindo as súas cancións orixinais en Youtube, David Rees acaba de publicar o seu disco de debut, Amarillo, con Warner Music. O novo cantautor español de raíces británicas lanza así o seu primeiro traballo onde leva o son do ukelele a novos estilos que non escoitaramos antes, desde unha canción festivalera, ata a balada e mesmo pasando polo urbano, demostrando así que o seu son non ten ningún límite, sempre que siga presente a esencia poética e especial que lle caracteriza. Un álbum, que como todos os temas de David Rees está repleto de luz. E no que está incluído “De ellos aprendí”, un hit mundial que só en Youtube rolda os 200 millóns de reproducións.