
DERBY MOTORETA’S BURRITO KACHIMBA + Zeltia
Os DMBK naceron dos rescoldos doutros proxectos como unha reveladora reacción alérxica á poligamia implícita no pop-rock independente do último lustro. E por suposto encargáronse de facer todo o ruído posible ao seu paso. Tíñanas todas consigo: exudaban técnica e chulería a espuertas e inxectaban grandes doses de chandalismo ao hard-rock canónico de toda a vida conectando o imaxinario cinematográfico de Eloy da Igrexa co proto heavy dos primeiros Led Zeppelin. O seu disco debut, editado en 2019 co selo do Primavera Sound, é un vibrante manual de estilo onde se cruzaban tangencialmente “ Physical Grafiti” con “A esquina do vento”, “Novo día” con “ Welcome to Sky Valley” e “A lenda do tempo” con “ Sabotage”.

