FILLAS DE CASSANDRA

Logo de terse erixido como unha das grandes revelacións do panorama musical, nunha última ollada á polis, Fillas de Cassandra (Sara Faro e María SOA) presenta un novo espectáculo: Últimas Dionisíacas, no que, ademais de revisitar os éxitos do seu primeiro LP Acrópole desde unha electrónica máis escura e potente, van deixando entrever o que ha ser o seu novo traballo discográfico, entretecido con outras composicións inéditas e cantos efémeros que nunca han ser publicados.

Últimas Dionisíacas é un ritual de peche, un convite a un festexo colectivo e catártico que só pode acontecer no convívio entre o público e o palco. No aquí e agora.

Sobre catro peanas elévanse catro figuras a modo de Cariátides, sostendo a historia. O dúo musical propón nesta xira a integración de dúas músicas, apostando pola organicidade do piano, o bombo legüero, as pandeiretas, os pandeiros, violín ou as harmonías vocais en rigoroso directo, sen esquecer as bases electrónicas producidas por María SOA e Berto.

A promesa da música galega conságrase cunha proposta de calidade artística e escénica onde a luz e a escenografía veñen sumarse aos xa recoñecidos puntos chave do seu éxito: a forte presencia e conexión co público, as súas letras directas e emotivas e a súa sonoridade na que volven a demostrar que a mestura entre o tradicional, o pop e o techno teñen un efecto catártico.

The event is finished.

Data

Hora

10:00 pm

Location

Hall Mar de Vigo
Category

Next Event

QR Code
GL