
LOS SECRETOS. Trío Acústico.
Los Secretos volven cun novo formato onde nos mostrarán o mellor da sua música, comezando cun delicioso e elegante trío acústico. Cunha posta en escena sobria, recoleta e contida, o sempre reconocible 'son Secretos' atopa con este formato o contexto perfecto para envolver a atmósfera da melancolía que desprende a súa música.
Unha vez máis demostran que se adaptan a todos os formatos e deixan claro que esta banda ainda ten moito por percorrer. Con arranxos especialmente ensaiados para este formato, no concerto repásanse as súas cancións máis emblemáticas, así como as novas obras do seu último disco.