
THE SOUL JACKET
O rock vigués con acento máis americano tomarase a Terraza do Auditorio Mar de Vigo. Chegan The Soul Jacket para despregar a proposta coa que se abriron un camiño propio na música: unha sonoridade que bebe de ritmos como o rock and roll, o blues ou o soul, e que tamén dialoga con The Kinks ou The Beatles. Este ano gravaron o seu quinto disco: «Let me stand». Coas súas cancións, e co mellor do seu repertorio, chegan ao Festival TerraCeo.