ZENET + DANI NE·LO Y LOS «SAXOFONISTAS SALVAJES»
Zenet é un artista malagueño que comezou a traballar en 2008 con grandes músicos como Manuel Machado, Pepe Rivero ou José Taboada, entre outros. O seu primeiro traballo foi “Los Mares de China”, disco con alma de clásico no que atopamos bolero, música brasileira e o jazz de Nova York. En 2019 publica “A Guapería”, onde presenta cancións xa interpretadas por artistas como Bola de Nieve, Olga Guillot ou Celeste Mendoza. Por este disco recibiu o Premio Internacional Cubadisco 2019. Zenet percorre unha carreira paralela como actor e, recentemente, puidemos velo interpretando a Pablo Picasso na coñecida serie de TVE «El ministerio del tiempo»
Los Mambo Jambo son a banda instrumental creadora do ‘Son Jambofónico’, unha mestura salvaxe de rock& roll, rhythm & blues, surf e swing interpretada baixo unha perspectiva contemporánea. Presentan en directo «Exotic Rendezvous”, o quinto álbum do grupo, unha maneira de reivindicar os paraísos perdidos. Non hai nada cotiá na música dos Mambo Jambo, todo é excepcional, único, fermoso e atemporal. Todos os temas son orixinais e a produción correu a cargo de Dani Nel·o.