Vigo. 30 de abril de 2021A segunda edición do Festival TerraCeo comeza mañá sábado, ás 20 horas, cun cartel no que xa hai previstos 41 concertos e que seguirá medrando nos vindeiros días. Taburete, un dos grupos máis aplaudidos de España nos útimos anos, será o encargado de abrir a tempada de atardeceres musicais na terraza do Auditorio Mar de Vigo e con vistas á Ría e ás Cíes. O seu será o primeiro dos 10 concertos programados polo Festival só para o mes de maio. Vigo organiza por segundo ano consecutivo, o festival musical co cartel de concertos máis amplo de España.
Taburete chega á cidade cos seus temas máis coñecidos e con cancións do seu novo traballo, ‘La broma infinita’. O novo álbum mantén esa mestura de xéneros e influencias tan persoal que caracteriza a Taburete, pero é especialmente persoal, diferente e melódico.
Segunda edición
O Festival TerraCeo naceu en 2020. Xestouse durante os meses de confinamento e permitiu xerar un modelo de concertos ao aire libre e con todas as medidas de seguridade sanitarias. O público celebrou a proposta: entre os meses de xullo e setembro de 2020, a terraza do Auditorio Mar de Vigo acolleu 38 concertos aos que asistiron máis de 14.000 persoas.
A segunda edición do Festival ten entre as súas principais novidades o incremento na aposta polas voces e grupos de Vigo e Galicia e a participación de artistas estranxeiros coma Kevin Johansen ou Jorge Drexler. Os grupos vigueses Los Resentidos, The Soul Jacket e Batea,e a solista Dani, presentarán os seus novos traballos na segunda edición de TerraCeo. Son parte da ampla nómina de creadores musicais de Galicia que se suma este ano ao Festival, que inclúe grupos consolidados coma Eladio e os Seres Queridos e voces coma as de Wyyga, Its soul, Sanny, Irene y Mariña, Carolina Rubirosa, Zeltia, el dúo Bala y la cantante porriñesa Xoana.
O 95% das localidades de TerraCeo para o mes de maio están esgotadas: os concertos de Taburete, Carlos Sadness, Baiuca, Los Secretos ya colgaron el cartel de “aforo completo”. También la primera de las dos veladas programadas con Andrés Suárez. Y quedan pocas ya entradas para los conciertos restantes. La banda viguesa The Soul Jacket, que comparece de TerraCeo no segundo mes do Festival, o 11 de xuño, é o primeiro dos grupos de Vigo que completa aforo.