Tanxugueiras e Kiko Veneno súmanse a TerraCeo o 19 de agosto

Vigo. 4 de xuño de 2021. Un atardecer ao aire libre con vistas á Ría e a música de dúas propostas tan auténticas como diferentes: a das galegas Tanxugueiras e a de Kiko Veneno. Será este 19 de agosto a partir das 20.30 horas. As entradas xa están á venda en www.teuticket.com.

Á programación da segunda edición do Festival TerraCeo súmase ademais un novo concerto de Rulo e la Contrabanda. O grupo esgotou entradas para o seu concerto do día 21 de agosto. E repetirá un día despois, no atardecer do 22 de agosto . Con estes concertos, xa son 45 os postos á venda para este verán para o Festival TerraCeo. A programación seguirá aumentando: serán polo menos 50 os concertos programados.

Tanxugueiras é un dos grupos musicais que máis atención están a reclamar no panorama galego actual. Se autodefinen definen como “mulleres fortes, valentes e empoderadas; cantareiras dunha nova década”. Desde a virtuosidade das súas voces re-visitan as músicas das pandeiteiras tradicionais. E fusiónanas con sonoridades modernas nunha proposta que está a convocar o recoñecemento de públicos e medios en Galicia, España e Europa. Levan máis de 100 concertos desde o lanzamento do seu primeiro disco. E obtiveron diferentes recoñecementos tanto pola súa música como polas súas vídeoclips, tan interesantes como vangardistas.

Kiko Veneno agasallou ao público de TerraCeo o pasado ano cun concerto, tamén en agosto, acariñado por un atardecer especialmente bonito sobre a Ría. A súa presenza era reclamada polo público nesta segunda edición do Festival.

Tanxugueiras e Kiko Veneno están a preparar para a ocasión varios temas interpretados de xeito conxunto, un feito inédito, que promete ser un dos grandes momentos do TerraCeo 2021.

O Festival repite e mellora a excelente acollida de público da súa primeira edición. Durante o primeiro mes de concertos, o de maio, o completouse a práctica totalidade do aforo: o 97%. E xa quedan poucas entradas para o mes de xuño: está esgotado preto do 90% das localidades.

GL