Eladio y los Seres Queridos inauguran as sesións vermú de TerraCeo

Vigo. 3 de xuño de 2021. Na primeira fin de semana do segundo mes do Festival TerraCeo 2021 chegan as sesións vermú. E será unha banda viguesa, Eladio y los Seres Queridos, quen as inaugure. A programación da fin de semana complétana Anni B Sweet, Juancho Marqués, e dous das novas voces do panorama musical de Vigo: Sara Casas e Cedecé.

Sara Casas inaugura os teloneos a cargo de voces locais mañá ás 20.30 horas, antes de que compareza no escenario Anni B Sweet. Tamén artista plástica e fotógrafa, Sara Casas ten un estilo moi propio, íntimo e emocionalmente intenso que ten influencias como as de Chavela Vargas, Violeta Parra, Silvia Perez Cruz, hasta Amy Winehouse ou Luisa Sobral.

Chegan as sesións vermú

O sábado, ás 13 horas, chega a primeira das sesións vermú da segunda edición de TerraCeo. Eladio y los Seres Queridos, que interpretarán os seus temas máis coñecidos xunto aos do seu último traballo, ‘Academia’ (2020) noutra sesión que está a piques de colgar o cartel de “ sold out”.

A programación desta fin de semana a completa un atardecer de sábado inzado de rap e música urbana. Chega ao Auditorio Mar de Vigo, ao fin, Juancho Marqués: o seu concerto programado para a primavera de 2020 tivo que ser suspendido pola pandemia. Moi vinculado a Galicia, a de Marqués é unha das propostas máis interesantes, e con máis seguidores, da música urbana en España. As entradas levan semanas esgotadas.

Antes de Juancho Marqués, presentarase en TerraCeo o rapeiro vigués Cedecé. Nado en 1996, interpretará algunhas das cancións do seu traballo máis recente: “Hipersensible”.

GL