ANA MOURA – SUSEIA ET ULTREIA. Todos os pobos, linguas e tribos

“A estrela do fado que está a reinventar o ‘blues portugués’, mesturando a súa intensidade emocional con ritmos como o kizomba, a samba ou o trap”, The Guardian

Ana Moura, a famosa fadista de Santarém que cantou con Prince, os Rolling Stones, Caetano Veloso ou Gilberto Gil, chega este 24 de febreiro a Vigo co seu novo traballo, Casa Guilhermina, para ofrecer un concerto no Auditorio Mar de Vigo dentro do ciclo patrocinado polo Xacobeo “Suseia et Ultreia, Pobos, Linguas, Tribos”.

Un ciclo de concertos que terá lugar no 2023, organizado para celebrar a diversidade, tender pontes entre culturas, favorecer o entendemento e a solidariedade, garantir a xusticia social e propiciar escenarios abertos ao diálogo a través da música; unha homenaxe ás culturas dos países de procedencia dos peregrinos a Compostela e de apoio a Ucraína.

Portugal, con quen Galicia comparte fortes vínculos, é o lugar de orixe de boa parte das persoas que visitan Compostela. Ademais, o país veciño é o noso punto de encontro coa lusofonía, esa comunidade que vai do Brasil a Cabo Verde pasando por Guiné-Bissau, Angola, Mozambique ou Timor Oriental.

Casa Guilhermina é o séptimo álbum da carreira sen igual da artista portuguesa Ana Moura que imprime nel a marca persoal da súa arte: liberdade, creatividade e unha nova visión do camiño percorrido, onde a tradición e a alma atemporal do fado vai da man da modernidade. Unha ollada cara o futuro coa ansia de quen sabe que ten algo novo e distinto que transmitir. O son de Ana Moura é do da pura expresión, sen barreiras ou xéneros, porque a liberdade máis xenuína non cabe dentro dun único xénero, non ten só unha cadencia, faise de moitas linguaxes e ideas.

The event is finished.

Data

Hora

9:00 pm

More Info

COMPRAR

Location

Auditorio Mar de Vigo
Auditorio Mar de Vigo
Category
COMPRAR

Next Event

  • VIGO PORTÉ
  • Data
    Abr 26 2024 - Abr 28 2024
  • Hora
    All Day
QR Code
GL