DERBY MOTORETA’S BURRITO KACHIMBA + Zeltia

Os DMBK naceron dos rescoldos doutros proxectos como unha reveladora reacción alérxica á poligamia implícita no pop-rock independente do último lustro. E por suposto encargáronse de facer todo o ruído posible ao seu paso. Tíñanas todas consigo: exudaban técnica e chulería a espuertas e inxectaban grandes doses de chandalismo ao hard-rock canónico de toda a vida conectando o imaxinario cinematográfico de Eloy da Igrexa co proto heavy dos primeiros Led Zeppelin. O seu disco debut, editado en 2019 co selo do Primavera Sound, é un vibrante manual de estilo onde se cruzaban tangencialmente “ Physical Grafiti” con “A esquina do vento”, “Novo día” con “ Welcome to Sky Valley” e “A lenda do tempo” con “ Sabotage”.

Chegan para asolagar da mellor música a terraza do Auditorio Mar de Vigo na segunda edición do Festival TerraCeo.
Antes cantará, Zeltia, compositora e cantautora galega do Morrazo. Está a ultimar os detalles do seu traballo máis persoal que está a piques de saír, o álbum LP Vacaloura, a carón da súa banda Zeltia e Irevire e coa colaboración de diversas artistas. Con corazón de Folk Tribal e aberta á mestura de estilos, caracterízase pola súa plasticidade e orixinalidade, polo que dependendo da ocasión, poderedes atoparvos cunha versión ou outra da súa arte.
 

The event is finished.

Data

Hora

9:00 pm - 11:00 pm

More Info

Comprar
Category
Mercar

Next Event

  • BALA
  • Data
    Ago 05 2021
  • Hora
    9:00 pm - 11:00 pm
QR Code
GL