DORIAN

Dorian é unha das formacións máis importantes da nova escena de España. Publicaron catro discos: “10.000 Metrópolis” (Bip Bip – K Industria – 2004), “El futuro no es de nadie” (Pias – 2007) o aclamado “La ciudad subterránea” (Pias – 2009), “La velocidad del vacío” (Pias – 2013) e “Diez años y un día” (Dorian / IM Records – 2015). Durante estes anos compuxeron cancións tan populares como “Te echamos de menos”, “La Tormenta de Arena”, “Paraísos Artificiales” “Los amigos que perdí”, “El temblor” ou “Cualquier otra parte", esta última considerada todo un himno para a xeración 2.0 de fala hispana.

DORIAN combina hábilmente a tradición do pop en español co rock e as novas producións e sons da música electrónica contemporánea. Esta mestura pouco habitual fíxoos destacar na escena nacional española e gañarse a atención e o respecto do público e da prensa especializada, ademais de convocar grandes audiencias nos principais festivais e salas de España e México, país onde a banda iniciou unha sólida e prometedora carreira, á vez que se atopa en pleno proceso de expansión noutros países do continente americano.

The event is finished.

Data

Hora

9:00 pm - 11:00 pm

Custe

29,70 Є

More Info

Comprar
Category
Mercar

Next Event

QR Code
GL