JORGE DREXLER + Xoana

Jorge Drexler ten unha infinita lexión de seguidores no medio mundo. Cun perfil difícil de definir, os seus textos, inspirados en diferentes áreas do coñecemento, son poliédricos e mergúllanse no mundo da poesía ou a ciencia por igual. Do que non cabe dúbida é do seu espírito incansable de procura e experimentación coa música.

Durante a súa carreira gravou trece discos de estudo e ofreceu concertos por todo o mundo. Neste tempo a súa obra foi galardoada cun premio Óscar (2005), cinco Latin Grammy’s (2014, 2018), un Goya (2011) e unha Biznaga de Prata, entre outros recoñecementos.

É unha oportunidade única poder compartir un atardecer con Jorge Drexler e a súa música, sobre a Ría de Vigo, na segunda edición do Festival TerraCeo.

 

Antes cantará la porriñesa Xoana, que regresa a TerraCeo cos seus ritmos pop, rock, jazz, reggae… Cantará os temas de “Dardos”, o disco co que irrompe no mundo da música. Todas as cancións viran ao redor de temas actuais que necesitan ser escoitados. Que mellor que a música para convidar a realizar cambios.

 

 

The event is finished.

Hourly Schedule

New Day

Data

Hora

9:00 pm - 11:00 pm

Custe

38 Є

More Info

Comprar
Category
Mercar

Next Event

QR Code
GL