MYLES SANKO + ADRIÁN COSTA BLUES BAND

Myles Sanko e Koko-Jean & The Tonics protagonizan a segunda noite de Bluefest, o evento que lle ofrece á cidade de Vigo a oportunidade de experimentar as diferentes formas de entender as músicas de raíz negra. Un festival de estilo que cubre a demanda dun público que asiste con expectativas de atopar unha experiencia de gran calidade en directo.

Myles Sanko, orixinario de Ghana aínda que británico de adopción, é un grande do soul na escena europea, a súa traxectoria ascendente é imparable desde que en 2014 publica o seu primeiro traballo “Born in Black”, onde xa quedaba clara a súa gran calidade vocal. Myles Sanko presentará en Vigo o seu novo disco “Memories of Love”, onde segue apostando forte por unha mestura de jazz, blues e soul elegante para gustos exquisitos.

Koko-Jean & The Tonics publicarán o seu primeiro álbum, titulado «Shaken & Stirred», o próximo 8 de outubro. Despois dun par de EPs e numerosos concertos que apuntan un son fresco, con influencias que van do soul ao rock e o blues.
O primeiro single, “Pattin’ Juba” xa está dispoñible nas plataformas e confirma o que se nos vén encima, temas pegadizos que che axitan o corpo e elevan o espírtu.

Data

Out 23 2021
Expired!

Hora

9:00 pm

Custe

Desde 26 €

More Info

COMPRAR
Category
COMPRAR

Next Event

QR Code
GL