NACH. PIANO y VOZ + Wyygga

Despois de 9 discos e máis de 200 cancións, Nach é unha lenda do rap en lingua hispana. É considerado como un dos mellores e máis prolíficos artistas de Hip Hop da historia en español. Chega a TerraCeo, no Auditorio Mar de Vigo, coa súa proposta na que dialogan o rap, o spoken word e a poesía, facendo que as emocións cren golpes de voz cruzándose coa beleza dun piano para así construír unha atmosfera intima, realista e especial.

Antes cantará, Wyygga. Antes cantará, Wyygga. Artista de música urbana, preséntase na escena Hip Hop seguindo a onda máis actual e de vangarda de Estados Unidos, que nos fala da volta aos inicios, cando o Hip Hop era cultura e non mero entretemento. Todos os seus temas teñen contido e profundidade. É unha artista que non se recrea en banalidades, nin se recrea no politicamente incorrecto só por impresionar ou incomodar. Wyygga supón a volta á mensaxe como o centro de todo, a volta no seu estilo da “Música Real”, unha proposta musical, audiovisual e estética na que se mostra tal cal é sen artificio.

 

 

The event is finished.

Data

Hora

8:30 pm - 10:00 pm

Custe

28.00€

More Info

Comprar
Category
Mercar

Next Event

QR Code
GL