SIDONIE + Sanny

A personalidade única e irrepetible de Sidonie supuxo un novo sopro de aire fresco na industria discográfica. Tras o exitoso fin de xira do seu último disco, “El Peor Grupo del Mundo” (Sony Music, 2017) e a celebración do seu 20 aniversario, Sidonie acaban de editar El Regreso de Abba (Sony Music, 2020), o seu noveno disco, que comparte título, portada, historia e personaxes coa primeira novela de Marc Ros, vocalista do grupo. Con este traballo, e coas súas mellores cancións, comparecen no Festival TerraCeo no Auditorio Mar de Vigo.
Sanny é o proxecto liderado por Sandra Gómez, cantautora viguesa que comeza a súa traxectoria en solitario no ano 2012. Desde entón, acompañada da súa guitarra e harmónica, percorre escenarios de distintos puntos dentro e fóra de Galicia. As súas influencias veñen principalmente do folk-rock norteamericano e de compositoras indie contemporáneas como Phoebe Bridgers ou Sharon Van Etten. No verán de 2019 grava o seu EP debut: “ Loners Downtown”.

The event is finished.

Data

Hora

8:30 pm - 10:00 pm

Custe

30.00€

More Info

Comprar
Category
Mercar

Next Event

QR Code
GL