XISCO FEIJÓO

Xisco Feijoó, (Francisco Javier Feijoó Álvarez), presenta”PEIXE”, trátase dunha proposta fresca, dunha realidade que aglutina toda unha carreira dentro da música tradicional vista dende unha perspectiva actual.

“É como eu vexo o que fun e o que son, incluso como observo o que sentín, da maneira en como o sentín, as pegadas que quedaron e o que hoxe sinto cando recorro as sinais que todo elo ten deixado en min”. Xisco Feijoó.

Desta vez Xisco será o protagonista deste proxecto, un disco con moita forza e ímpetu, un traballo en compañía do productor e magnífico mestre Carlos Qunitá que aderezou con armonías e fermosos arranxos ó servizo do noso sabor tradicional e sempre dende unna visión contemporánea e moderna.

PEIXE está preñado da esencia máis fonda da música tradicional, vista dende unha mirada contemporánea e interpretada dende a modernidade e dende a visión dun século XXI dominado polas novas tecnoloxías pero onde se respectan e valoran con emocionante orgullo as orixes e tradicións máis puras e ancestrais.

PEIXE fala de todo aquilo que queremos ser e non somos quen… E de aquilo que somos e non desexamos.

PEIXE fala da súa aceptación con horizontalidade deixando ben atrás a resignación.

PEIIXE é entender que entre nós até onde alcanza a ollada non hai peixeira que nos peche.

PEIXE somos cada ún de nós, únicos e irrepetibles.

The event is finished.

Data

Hora

9:00 pm

More Info

COMPRAR

Location

Auditorio Mar de Vigo
Auditorio Mar de Vigo
Category
COMPRAR

Next Event

QR Code
GL