ZENET + LOS MAMBO JAMBO

Zenet e Los Mambo Jambo inauguran Bluefest, un novo evento que lle ofrece á cidade de Vigo a oportunidade de experimentar as diferentes formas de entender as músicas de raíz negra. Un festival de estilo que cubre a demanda dun público que asiste con expectativas de atopar unha experiencia de gran calidade en directo.

Zenet é un artista malagueño que comezou a traballar en 2008 con grandes músicos como Manuel Machado, Pepe Rivero ou José Taboada, entre outros. O seu primeiro traballo foi “Los Mares de China”, disco con alma de clásico no que atopamos bolero, música brasileira e o jazz de Nova York. En 2019 publica “A Guapería”, onde presenta cancións xa interpretadas por artistas como Bola de Nieve, Olga Guillot ou Celeste Mendoza. Por este disco recibiu o Premio Internacional Cubadisco 2019. Zenet percorre unha carreira paralela como actor e, recentemente, puidemos velo interpretando a Pablo Picasso na coñecida serie de TVE «El ministerio del tiempo»

Los Mambo Jambo son a banda instrumental creadora do ‘Son Jambofónico’, unha mestura salvaxe de rock& roll, rhythm & blues, surf e swing interpretada baixo unha perspectiva contemporánea. Presentan en directo «Exotic Rendezvous”, o quinto álbum do grupo, unha maneira de reivindicar os paraísos perdidos. Non hai nada cotiá na música dos Mambo Jambo, todo é excepcional, único, fermoso e atemporal. Todos os temas son orixinais e a produción correu a cargo de Dani Nel·o.

  • 00

    days

  • 00

    hours

  • 00

    minutes

  • 00

    seconds

Data

Out 22 2021

Hora

8:00 pm - 10:30 pm

Custe

Desde 26 €

More Info

COMPRAR
Category
COMPRAR

Next Event

QR Code
GL