GRAN GALA INTERNACIONAL DE MAXIA «GALICIA ILUSIONA»

Chega a Vigo a Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona” cos mellores e máis premiados ilusionistas do momento. Tras o éxito acadado na primeira edición, novos ilusionistas de diferentes partes do planeta veñen dispostos a facernos soñar nun espectáculo único.

Miguel Muñoz (España): Miguel Muñoz é campión mundial de maxia, o máximo galardón que pode obter un ilusionista, e como non, tiña que estar na Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona”. Ademais, é un dos personaxes principais da película “Dumbo” de Tim Burton. A súa maxia é pura poesía visual, unha marabilla!

Paul Ponce (Arxentina): Paul Ponce é considerado un dos mellores malabaristas do mundo enteiro, a destreza e velocidade das súas mans son pura maxia. Un número realmente espectacular dun artista enerxético e carismático, cun ritmo realmente asombroso. Un luxo poder desfrutar da súa arte en Galicia Ilusiona.

Dania Díaz (Venezuela): Dania Diaz é unha maga venezolana que triunfa polo mundo adiante coa sua maxia tan peculiar, ao mesturar ilusións coa narración de historias. Foi botón dourado no programa de televisión “Got Talent” e participou no prestixioso “Got Talent: The Champions” en Estados Unidos.

Amadeo Edama (España): Edama é especialista en maxia de gran formato, grandes ilusións visuais onde todo é posible. Recibiu multitude de premios e presentou os seus números nos mellores teatros. Chega a Galicia Ilusiona para deixarnos coa boca ben aberta!

Gerald Le Guilloux (Francia): Gerald Le Guilloux é un mago clásico, cunha elegancia e unha posta en escena máis que coidada. Gañou premios a nivel internacional cun número sorprendente de principio a fin, unha mestura da maxia máis tradicional con efectos innovadores e modernos.

Fecha

Oct 22 2023
Expired!

Hora

6:00 pm

Más Información

COMPRAR

Localización

Auditorio Mar de Vigo
Auditorio Mar de Vigo
Categoría
COMPRAR

Próximo Evento

Código QR
ESP