Inventio, unha viaxe ao sensible

Inventio é un espectáculo familiar de gran formato no que conviven a comedia as artes circenses, o ilusionismo, a danza, a comedia, o drama e o teatro xestual. Inventio é unha viaxe sensorial, un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade.

Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena futurista, Inventio recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e cegador, cun ritmo vertixinoso, nunha gran produción con ecos do cinema futurista de Stanley Kubrick, Ridley Scott ou Denis Villeneuve, que non é máis ca «unha viaxe cara a todo iso que nos fai humanos: a nosa capacidade de sentir».

Unha viaxe sensorial, delicada e cegadora, cun ritmo vertixonoso e ecos de cinema futurista

Ano 2094. O noso mundo é branco, aséptico, limpo, ordenado. O noso universo é frío e tan impersoal coma o quirófano dun hospital. Deixamos de sentir e de comunicarnos. Aterramos no futuro, si, pero perdemos a memoria e a emoción.

Galicia. Último ano Xacobeo deste século XXI. Unha troupe formada por un ilusionista, seis bailaríns e sete artistas de circo comproban que xa non existe o Camiño de Santiago, xa ninguén o lembra. Non quedan peregrinos nin un camiño que percorrer xuntos. Tampouco a auga ou a chuvia, o son das gaitas, o verde dos campos ou a pegada do mar na area. Nin rastro nin lembranza ningunha.

Que era todo aquilo? Onde quedaron a viaxe, a busca e o descubrimento? Onde liscou a sensibilidade? Velaquí as preguntas que van guiar a esa troupe circense, que teima nunha misión: reconstruír a súa identidade cultural. Sobre as táboas, os artistas vense envoltos nunha aventura sen igual. O pasado tócaos maxicamente e unha forza sobrenatural transformaraos.

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Fecha

Ene 03 2023

Hora

8:30 pm

Más Información

COMPRAR
COMPRAR

Próximo Evento

  • INVENTIO
  • Fecha
    Ene 03 2023
  • Hora
    8:00 am
Código QR
ESP