MELANCOHOLEMIA, UN MONÓLOGO DE ANTÓN REIXA

MELANCOHOLEMIA (Vida de Mamarracho), Antón Reixa

O público ficciona os asistentes a unha visita a una institución mental nunha ornada de «portas abertas».

O actor representa ao paciente encargado de darlles a benvida, «contarlles algo ou facer algo asi como unha conferencia».

Desde o escenario, en diálogo cunha pantalla, o actor conta a vida dun tal «Mamarracho Persoa».

O actor/autor insite demasiado en que o relato non é autobiográfico.

Durac. 55 mins. (aprox.)

O espectáculo foi estreado na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia en 2020.

» Tal vez esa sexa a verdadeira misión do teatro do noso temoo: enfrontarse á incerteza posmoderna- unha imaxe mente tanto coma mil palabras- e codificar con ela a punta dun icebera que responde só á circunstancia, mais que deixe albiscar algo real, que rara vez se deixa atrapar.»

Manuel Xestoso, no prólogo ao texto do espectáculo (Editorial Kalandraka, 2020).

ANTÓN REIXA (Vigo, 1957)

Licenciado en Filoloxía galega.

Moi activo no mundo da poesía desde dinais dos 70′ co Grupo de Comunicación Poética Rompente («Silabario da Turbina», «A dama que fala», «As ladillas do travesti» e en 2021, «Que Hostia din os Rumorosos?»). En solitario publicou os poemarios: ‘Ringo Rango», «Escarnio», «Látego de Algas’, «Algo Raro Pasa Raro» e «Outlet». En narrativa; «Transporte de Superficie» e «Michigan/Acaso Michigan».

Cantante e letrista de Os Resentidos e Nación Reixa. As súas letras están recollidas no libro «Viva Galicia Beibe».

Como produtor e director audiovisual, especialmente relevantes a serie «Mareas Vivas» e o filme «O Lapis do Carpinteiro».

En teatro escribiu textos para grupo Artello, Teatro do Morcego e a compañía suiza L’Alakran. Actuou e escribiu «After Shave».

«Melancoholemia»é o seu texto máis recente, publicado en Editorial Kalandraka. El mesmo interpreta a versión monólogo.

En 2021 foille concedida polo goberno español a medalla de ouro ao Mérito nas Belas Artes.

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Fecha

May 27 2022

Hora

8:00 am

Más Información

COMPRAR

Localización

Sala Polivalente
COMPRAR

Próximo Evento

Código QR
ESP