VARCO 2025

Artistas participantes

ALDARA VÁZQUEZ
ALEJANDRA PARDO
ALFONSO COSTA
ANTÍA IGLESIAS
CHELO RODRÍGUEZ
CRISTINA FERNÁNDEZ NÚÑEZ
DANIELA GARCÍA CIAÑO
DAVID PESSEGUEIRO
DIANA CORDERO
EVA TARRÍO
FILIPE RODRIGUES
IAGO XASTRE RODRÍGUEZ
ISABEL ALONSO
ISABELL SEIDEL
ISIS HUERGA
IVÁN PRIETO
JOSE MOLARES
MANUEL BALSAS
MANUEL SUÁREZ
MIGUEL NÚÑEZ
MIGUEL PEREIRA
OLALLA BUCETA
ROSA GARCÍA
RUT MARTÍNEZ LÓPEZ DE CASTRO
SOFÍA MARQUES DE AGUIAR
SOL MUSSA
SONIA TELES
SUSANA BRAVO
TINO CANICOBA
XULIO GARCÍA RIVAS

Isabel Alonso

BIO

[GAL] Entre o Íntimo, o Feminino e o Doméstico

A práctica artística de Isabel Alonso articúlase entre a pintura, a escultura e a instalación, construíndo un universo visual profundamente íntimo e simbólico, onde o feminino, o corpo e a memoria entrelázanse con forza poética e material. Na súa obra pictórica, predominan a figuración e o retrato, con incursións no realismo e hiperrealismo. Emprega técnicas mixtas como óleo e acrílico, a miúdo superpostos, e incorpora frases repetitivas sobre o fondo como forma de insistencia emocional ou recordo persistente. A súa paleta céntrase nos brancos, negros e vermellos, aínda que tamén aparecen intensas gamas de azul. As escenas que representa —nais, nenos, interiores domésticos— evocan unha experiencia compartida, onde a intimidade e o cotián convértense en acto simbólico. En ocasións, a pintura expándese con teas, fíos ou costuras, intensificando a súa relación co corporal e o téxtil. Na súa obra escultórica e instalativa, Isabel recorre a materiais non tradicionais —como o seu propio cabelo, ramas, escaiola, barro, encaixes ou téxtiles— para crear pezas de pequeno formato cun forte carácter autorreferencial. Moitas parten de moldes do seu propio corpo ou integran obxectos reciclados e atopados, dotando ás pezas dunha potente linguaxe simbólica. A idea do peche e o confinamento atravesa moitas das súas esculturas: gaiolas, caixas, tramas, tecidos ou estruturas que aluden tanto ao físico como ao emocional.

O xesto repetitivo —coser, trenzar, tecer— aparece como acción íntima, case ritual, conectada cos saberes femininos tradicionalmente relegados ao ámbito doméstico. A través destas prácticas, Isabel Alonso crea obras que non só representan, senón que conteñen experiencia: o fogar como refuxio e como límite, o corpo como arquivo, a memoria como tecido vivo.

[CAST] Entre lo Íntimo, lo Femenino y lo Doméstico

La práctica artística de Isabel Alonso se articula entre la pintura, la escultura y la instalación, construyendo un universo visual profundamente íntimo y simbólico, donde lo femenino, el cuerpo y la memoria se entrelazan con fuerza poética y material. En su obra pictórica, predominan la figuración y el retrato, con incursiones en el realismo e hiperrealismo. Emplea técnicas mixtas como óleo y acrílico, a menudo superpuestos, e incorpora frases repetitivas sobre el fondo como forma de insistencia emocional o recuerdo persistente. Su paleta se centra en los blancos, negros y rojos, aunque también aparecen intensas gamas de azul. Las escenas que representa —madres, niños, interiores domésticos— evocan una experiencia compartida, donde la intimidad y lo cotidiano se convierten en acto simbólico. En ocasiones, la pintura se expande con telas, hilos o costuras, intensificando su relación con lo corporal y lo textil. En su obra escultórica e instalativa, Isabel recurre a materiales no tradicionales —como su propio cabello, ramas, escayola, barro, encajes o textiles— para crear piezas de pequeño formato con un fuerte carácter autorreferencial. Muchas parten de moldes de su propio cuerpo o integran objetos reciclados y encontrados, dotando a las piezas de un potente lenguaje simbólico. La idea del encierro y el confinamiento atraviesa muchas de sus esculturas: jaulas, cajas, tramas, tejidos o estructuras que aluden tanto a lo físico como a lo emocional.

El gesto repetitivo —coser, trenzar, tejer— aparece como acción íntima, casi ritual, conectada con los saberes femeninos tradicionalmente relegados al ámbito doméstico. A través de estas prácticas, Isabel Alonso crea obras que no solo representan, sino que contienen experiencia: el hogar como refugio y como límite, el cuerpo como archivo, la memoria como tejido vivo.

⁠Curriculum del artista

[GAL]Artista Multidisciplinar

Licenciada en Belas Artes na especialidade de Escultura pola Universidade de Vigo, en 2002. Anteriormente, cursou estudos de pintura na EMAO de Vigo, ampliando coñecementos con distintos cursos e talleres de Arte e Feminismo, Arte contemporánea, ou Arte e Filosofía…. A súa traxectoria artística comeza en 1999, sendo aínda estudante na Facultade de BB.AA. de Pontevedra, data na que é seleccionada en distintos certames de escultura e pintura a nivel nacional, e as primeiras exposicións colectivas, e desde entón, e ao longo destes 26 anos de actividade profesional, veu expoñendo con regularidade e participando en distintos proxectos, propios, individuais, ou colectivos, sendo seleccionada así mesmo, para participar en prestixiosos proxectos e exposicións tanto dentro como fóra de España, como en Italia ou Portugal, xunto a outros recoñecidos artistas de nivel internacional. En España expuxo en distintas cidades, en diversas Salas de Exposicións e importantes Museos, tanto en exposicións individuais como colectivas e participando activamente en distintos proxectos artísticos, e Feiras de Arte, e en espazos como o M.A.C.Ou.F., na coruña, a Fundación Granell, o Museo do Pobo Galego, a Igrexa da Universidade e o Museo do Mosteiro de San Martín Pinario, en Santiago de Compostela, Casa de Vacas e outras galerías en Madrid, o Museo M.A.R.C.A., e Marca Art Fair, en Cacabelos, León, o Forum Eugenio Almeida no Palacio da Inquisición, Onda Bienal en Forum Cultural Vilanova de Cerveira e a Bienal de Gaia, todas elas en Portugal, a Feira Culturgal, no Palacio de Exposicións e Congresos de Pontevedra, o Museo de Pontevedra, Edificio Castelao, O Pazo de San Marcos, Pazo de Tor, e a Capela de Santa María, CENTRADE, en Lugo, o Museo Ramón María aller, en Lalín, Pontevedra, Mallorca, Ciudad Real, Barcelona, e outros moitos lugares… A súa obra atópase representada en diferentes museos e institucións, así como en coleccións
privadas.

[CAST] Artista Multidisciplinar

Licenciada en Bellas Artes en la especialidad de Escultura por la Universidad de Vigo, en 2002. Anteriormente, cursó estudios de pintura en la EMAO de Vigo, ampliando conocimientos con distintos cursos y talleres de Arte y Feminismo, Arte contemporáneo, o Arte y Filosofía…. Su trayectoria artística comienza en 1999, siendo todavía estudiante en la Facultad de BB.AA. de Pontevedra, fecha en la que es seleccionada en distintos certámenes de escultura y pintura a nivel nacional, y las primeras exposiciones colectivas, y desde entonces, y a lo largo de éstos 26 años de actividad profesional, ha venido exponiendo con regularidad y participando en distintos proyectos, propios, individuales, o colectivos, siendo seleccionada así mismo, para participar en prestigiosos proyectos y exposiciones tanto dentro como fuera de España, como en Italia o Portugal, junto a otros reconocidos artistas de nivel internacional. En España ha expuesto en distintas ciudades, en diversas Salas de Exposiciones e importantes Museos, tanto en exposiciones individuales como colectivas y participando activamente en distintos proyectos artísticos, y Ferias de Arte, y en espacios como el M.A.C.U.F., en A coruña, la Fundación Granell, el Museo do Pobo Galego, la Iglesia de la Universidad y el Museo del Monasterio de San Martín Pinario, en Santiago de Compostela, Casa de Vacas y otras galerías en Madrid, el Museo M.A.R.C.A., y Marca Art Fair, en Cacabelos, León, el Forum Eugenio Almeida en el Palacio de la Inquisición, Onda Bienal en Forum Cultural Vilanova de Cerveira y la Bienal de Gaia, todas ellas en Portugal, la Feria Culturgal, en el Palacio de Exposiciones y Congresos de Pontevedra, el Museo de Pontevedra, Edificio Castelao, El Pazo de San Marcos, Pazo de Tor, y la Capilla de Santa María, CENTRAD, en Lugo, el Museo Ramón María aller, en Lalín, Pontevedra, Mallorca, Ciudad Real, Barcelona, y otros muchos lugares… Su obra se encuentra representada en diferentes museos e instituciones, así como en colecciones privadas.